A misión Juice da Axencia Espacial Europea (ESA) despegou con éxito a bordo dun foguete Ariane 5, desde Kurú, en Guayana Francesa. Agora agárdalle unha longa viaxe que lle levará a Xúpiter e os seus satélites dentro de oito anos, en xullo de 2031. Para logralo deberá completar unha complexa secuencia de manobras de asistencias gravitacionais, co obxectivo de aproveitar o seu impulso e aforrar combustible.
Juice centrarase no maior planeta do Sistema Solar e en tres das súas lúas, coñecidas como “galileanas”: Calisto, Europa e Ganimedes. Os tres satélites están recubridos por unha cortiza xeada, polo que se lles coñece xenericamente como “mundos de xeo”; aínda que tamén como “mundos oceánicos”, xa que baixo esa capa de xeo todo indica que albergan océanos de auga líquida, o principal requisito para que se desenvolva a vida. Neste sentido, aínda que non se descarta que poidan atoparse indicios de vida, este non é en realidade o principal obxectivo da misión, senón entender as condicións de habitabilidade das lúas xeadas.