A mostra ‘La inercia de los escombros’, de Amparo Sard, xa se atopa no Museo Man de Camelle

0 minutes read
  • A exposición poderá visitarse ata o 26 de setembro

Este venres o Museo Man de Camelle, no concello de Camariñas, acolleu a inauguración de ‘La inercia de los escombros’, a exposición da galardoada artista mallorquina Amparo Sard.

Trátase dunha instalación de 12 metros, realizada en plástico reciclado, cuxo propósito é que se tome conciencia sobre a forma na que evolucionaron as relacións sociais fronte ao devastador ritmo de vida actual.

A mostra poderá visitar ata o 26 de setembro.