Zas acolleu a presentación do libro “Que quede entre nós”

0 minutes read

Este sábado tivo lugar no Centro Sociocultural de Zas a presentación do libro “Que quede entre nós”, de Josefa Suárez, veciña do propio concello, concretamente de Vila.

Un acto moi especial no que a autora compartiu co público unha obra ambientada na primeira metade do século XX, que rende homenaxe ás vidas e historias que merecen ser contadas.

Durante a xornada, Josefa tamén asinou exemplares e compartiu coas persoas asistentes o proceso creativo da súa primeira novela.

Dende o Concello queren agradecerlle a súa participación e trasladarlle todo o seu apoio para que continúe escribindo e compartindo novas historias.