A NASA presenta a 16 expertos que estudarán o fenómeno OVNI durante 9 meses

1 minutes read

A NASA desvelou a os 16 expertos que van estudar os arquivos OVNI, durante os próximos 9 meses. O seu veredicto farase público en 2023. Ao mando deste grupo de expertos está David Spergel, presidente da Fundación Simons, onde foi director fundador do seu Instituto Flatiron de Astrofísica Computacional. Traballou na procura de planetas e estrelas próximas, e mediu a idade, a forma e a composición do universo. Spergel é unha das persoas clave no establecemento do modelo estándar da cosmología. O seu nome aparece citando en máis de 100.000 publicacións sobre o tema. O resto do grupo compóñeno científicos, profesores, astronautas, oceanógrafos, e xornalistas especializados. Podes ver os nomes na nota de prensa da NASA.