Foi un familiar quen alertou a través da súa chamada ao 112 Galicia uns minutos antes das sete da tarde deste sábado. Solicitou asistencia médica urxente para súa irmá, que tiña unha perna atrapada baixo a neveira. Tamén advertiu que non respondía a estímulos, polo que, axiña os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia trasladaron a información a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Pouco despois, confirmaron o falecemento da muller e insistiron na necesidade de contar cos axentes da Policía Nacional e Local con fin de coñecer as circunstancias do suceso.
Igualmente, cómpre cumprir todos os procedementos legais para chegar a saber as causas exactas da morte, que se produciu nun domicilio da Rua Ramón Cabanillas, en Santiago.