A elevada participación e o nivel competitivo volveron situar o evento no mapa europeo das carreiras de obstáculos.
A competición desenvolveuse atravesando espazos como o xardín botánico ou o o paseo fluvial. A vila converteuse nun referente do deporte OCR durante toda a xornada, cunha cita que xa está entre as grandes probas deportivas da primavera en Galicia.
A Poseidón Race contou coas categorías Elite, Starter e Popular, adaptadas a diferentes niveis de dificultade. A categoría Elite, puntuable para as ligas Nacional AOCO, North Finals e para a clasificatoria do campionato do mundo OCRWC, afrontou un percorrido de 10 quilómetros e 70 obstáculos. Pola súa banda, a categoría Starter (popular competitiva) completou 8 quilómetros e 53 obstáculos, mentres que a modalidade Popular contou cun trazado de 8 quilómetros e 48 obstáculos.
Nas categorías populares participaron máis de 500 atletas, mentres que as probas competitivas reuniron deportistas chegados de diferentes puntos de España e tamén doutros países como Portugal, Venezuela, Colombia, Estonia, República Checa ou Polonia, entre outros.