A obra está escrita por Xosé María Lema Suárez, investigador estreitamente vinculado a Zas e recoñecido polo seu labor de estudo e divulgación do territorio.
O autor é tamén coautor, xunto con Evaristo Domínguez, do libro «Zas polo miúdo», unha publicación de referencia sobre a historia e a identidade local.
O Concello de Zas participa na edición desta obra, reafirmando o seu compromiso coa defensa da lingua galega e coa posta en valor do patrimonio cultural. Con este novo volume, son xa seis os libros editados ou publicados co apoio municipal, dentro dunha liña de colaboración continuada con proxectos de investigación e divulgación cultural.
A recuperación e difusión da toponimia constitúe unha ferramenta fundamental para preservar a memoria colectiva e a identidade do territorio.