A partir de ahora será un proxecto liderado por Daniel Padín e acompañado de xente xoven, con ilusión, compromiso e moitas ganas de traballar polo futuro do club.
Desde a S.D. afirman que «este cambio representa unha oportunidade para seguir medrando, fortalecendo os valores que sempre nos identificaron e afrontando novos retos con enerxías renovadas. A nova directiva asume esta responsabilidade coa firme intención de construír un proxecto sólido, participativo e ambicioso, no que todos e todas teñamos cabida».
Agradecen o traballo e a dedicación das persoas que formaron parte da etapa anterior, cuxo esforzo contribuíu a facer do San Lorenzo de Verdillo o que é hoxe e comezan un novo camiño cheo de ilusión, ideas e proxectos contando con toda a familia do club para seguir facendo historia xuntos.
Os integrantes desta nova etapa son os seguintes (de esquerda a dereita):
- Alejandro Rodriguez “Canteiro” – Vocal
- Alex Puñal – Vocal
- Rubén Fuentes – Responsable de comunicación e Redes Sociais
- Daniel Padín – Presidente
- Joaquín Moya – Vicepresidente
- Rodrigo Taibo – Tesoreiro
- Sergio Gómez – Secretario