A Xunta afirma que conxelará as peaxes da AG-55 en 2027

0 minutes read
Tramo autovía AG-55 Carballo-A Coruña_autoestradas.com

A Xunta de Galicia confirmou este luns que conxelará en 2027 as tarifas de peaxes, entre outras, da autoestrada autonómica AG-55, entre A Coruña e Carballo

A conselleira de Vivenda e Infraestruturas, María Martínez Allegue, anunciou estas medidas durante a súa comparecencia nunha reunión dunha comisión parlamentaria para presentar a proposta de contas do seu departamento para 2027.

Desta forma, a peaxe para o tramo entre A Coruña e Arteixo manteríase en 0,55 euros para un vehículo lixeiro, e entre Arteixo e Carballo de 2,05 euros.