A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse co alcalde da Laracha, José Manuel López, e co concelleiro de Obras, Pablo Cambón, con quenes avaliou o impulso de novas iniciativas conxuntas que redunden na mellora das infraestruturas agrarias deste municipio; así como outros proxectos para fomentar o desenvolvemento rural na zona.
Neste sentido, lembrou que esta localidade recibiu, dende o ano 2019, algo máis de 500.000 euros no marco das diferentes convocatorias do Plan Camiña Rural, que ten como obxectivo ampliar, acondicionar e conservar a rede de camiños de titularidade municipal, mellorando así a calidade de vida da poboación rural. Na última convocatoria, correspondente ás anualidades 2026-2027, o concello ten previsto un orzamento máximo de preto de 87.000 euros.