A Xunta contempla intervencións nos colexios Plurilingüe San Vicenzo de Vimianzo e Labarta Pose de Zas

1 minutes read

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse este martes con directores de once colexios e institutos de tres comarcas da provincia da Coruña para presentarlles os proxectos de mellora dos seus centros incluídos nos Orzamentos 2027. Na reunión, na que estivo acompañado polo secretario xeral técnico, Manuel Vila, e pola delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, o conselleiro destacou que estas actuacións mobilizarán –nalgún caso en máis dunha anualidade– máis de 15 M€. Así mesmo, explicou que a previsión é licitar xa parte destas intervencións dentro deste mesmo ano, por anticipado de gasto.

Colexios da Costa da Morte

Os colexios da Costa da Morte tamén se benefician das contas do departamento educativo da Xunta para o ano próximo. No caso do Colexio Plurilingüe San Vicenzo de Vimianzo inclúese unha rehabilitación integral por 1 M€. O proxecto está en redacción, pero a estimación é realizar o illamento térmico da fachada, renovar fiestras e persianas, cambiar a cuberta e colocar novos falsos teitos e luminarias. Tamén se contemplan o proxecto para a rehabilitación do Colexio Labarta Pose de Zas por 1,15 M€.