Abre a inscrición no servizo do Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha durante o Nadal

O Concello da Laracha abre este mércores 26 de novembro a inscrición no servizo de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar que se prestarán a través do Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha durante o Nadal. O prazo para solicitar a praza remata o 14 de decembro. Pode tramitarse presencialmente no Centro de Información ás Mulleres (CIM) ou en liña a través da Sede Electrónica.

O servizo, que vai dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, estará en funcionamento coincidindo coas vacacións nos centros de ensino, de luns a venres -agás festivos- entre as 7:00 e as 14:15 horas nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo.

Tendo en conta que o número de prazas está limitado a 120 usuarios, os criterios de valoración para o acceso ao programa serán exclusivamente as necesidades de conciliación obxectivamente demostradas, considerando as circunstancias laborais da unidade familiar e outras situacións sociofamiliares e persoais que precisen dunha medida de apoio á conciliación.

Tanto a normativa como os impresos de inscrición están dispoñibles para a súa descarga na web municipal www.alaracha.gal.

Related posts

Volve o torneo solidario de pádel Concello de Carballo

Nova imaxe para o local social de Nemiña, en Muxía

UNICEF recoñece Á Laracha como ‘Cidade Amiga da Infancia’