O pasado 26 de novembro, a Unión Europea anunciaba que será posible gozar de conexión 5G nos voos, o que se traduce na non obrigatoriedade no uso do modo avión. Unha configuración con máis de 10 anos de vida, inventada en principio por e para o seu uso en aerolíneas, que queda agora no desterro. Por que naceu o modo avión. O seu propio nome indícao. O modo avión naceu co fin de facilitar as comunicacións entre tripulación do voo e controladores.
Na década dos 90, defendíase que as tecnoloxías de transmisión de sinais e radiofrecuencia podían afectar as comunicacións dos pilotos, con pequenas interferencias e molestos «clics» audibles. Por iso, acabouse implantando a obrigatoriedade de levar o teléfono sen conexión algunha nos sistemas operativos que ían emerxendo. O modo avión de iOS e Android.
Queda agora en mans das aerolíneas o manter ou non a obrigatoriedade do modo avión, pero a postura da UE deixa claro que non hai xustificación algunha para mantelo aceso e perder así a nosa conectividade de rede.