16
O parque provincial de Arteixo recibiu aviso ás 8:35h da mañá deste xoves por un accidente de tráfico no que se viron implicados dous vehículos, un dos cales caeu por un terraplén. A condutora do turismo caído, un Volkswagen Touran, quedou atrapada e foi necesaria a súa excarceración. Tamén estivo implicado un Peugeot 206. As dúas persoas condutoras foron trasladadas ao CHUAC por medios sanitarios. Completaron o servizo Policía Local, Garda Civil e 061, informan desde Emerxencias.