Martín Suárez Pais foi elixido novo candidato do Partido Popular de Santa Comba con quórum absoluto, para afrontar unha nova etapa no PP local. Foi nun acto celebrado na sede da formación na capital xalleira e que reuniu máis de corenta persoas. En representación do PP provincial estiveron Diego Calvo, Gonzalo Trenor e Evaristo Ben. Ademais participaron os actuais concelleiros do Partido Popular de Santa Comba e tamén Javier “Silvariño”, expresidente de Novas Xeracións do PP de Santa Comba. Martín afronta esta nova situación con moita ilusión e compromiso, para darlle a Santa Comba o cambio necesario que permita revertir a «situación de parálise que mantén o actual grupo de goberno». Martín Suárez País é un profesional de enxeñería que traballa no Grupo Tragsa desde o ano 2024, e que conta con experiencia previa como xefe de operacións en Plásticos de Carballo desde o ano 2013.
0
