O 112 Galicia foi coñecedor do primeiro suceso a través dos socorristas da praia de San Xurxo, minutos antes das 18:00 horas deste domingo. Durante a súa comunicación explicaron que había unha persoa aboiada no mar, a uns 50 metros da praia. Tratándose dunha muller de 72 anos de idade. Con esta información, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Nacional e da Local, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ferrol. Logo de que a muller fose rescatada da auga, os servizos se emerxencias trataron de salvar a súa vida, porén só se se puido confirmar o seu falecemento.
Un motorista de 56 anos perdeu a vida ao saírse da vía en Outes
O accidente ocorreu ás seis e cuarto da tarde deste domingo. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, unha moto saírase da vía no quilómetro 8 da DP-5604. Rapidamente, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero con base en Santiago ata o lugar. Tamén acudiron o GES de Noia e a Garda Civil de Tráfico. Porén, nada puideron facer os servizos de emerxencias por evitar o falecemento da persoa.
