Accidente con excarceración na AP-9, sentido A Coruña, no concello de Bergondo

0 minutes read

Os bombeiros do parque Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 18:30 horas da tarde deste luns 14 de xullo, dun accidente no km 5 da AP-9 sentido A Coruña.

O sinistro implicou tres vehículos e provocou que unha persoa quedara atrapada no interior dun dos turismos, sendo necesaria a súa excarceración por parte dos bombeiros. Dúas persoas resultaron feridas e foron trasladadas a centros sanitarios.

No operativo participaron os servizos sanitarios do 061, que mobilizaron unha UVI móbil e unha ambulancia de soporte vital básico (SVB).