Achan o corpo sen vida dun traballador nun domicilio de Santiago

0 minutes read
  • Os propietarios do inmoble, donde a vítima traballaba como pintor, foron os que atoparon o cadáver

Un home foi achado morto este mércores no interior dunha casa no concello de Santiago de Compostela.

A vítima atopábase no domicilio pintando cando os propietarios do inmoble a localizaron inconsciente, polo que de inmediato chamaron ao 112 Galicia. A pesar de que os servizos sanitarios chegaron ao lugar para tentar salvarlle a vida, foi imposible.

No operativo tamén participaron axentes da Policía Nacional e Local.