A programación arrancou este sábado co festival ‘Live in Cances’
Volve a Carballo o festival ‘Novembro con música’. Despois dun ano de ausencia, este evento musical posto en marcha pola Asociación Cultural San Campio acada a súa 15ª edición co claro obxectivo é «ir retomando pouco a pouco a actividade», destacan os organizadores. Con restricións e un formato máis reducido, este sábado desenvolveuse o xa clásico ‘Live in Cances’ coas actuacións de Versión Imposible e The Cerne Revival.
A programación, que rematará o 19 de decembro, está deseñada para todos os gustos e públicos con entrada gratuíta ata completar aforo. Para acudir ás diferentes actuacións será preciso inscribirse previamente.