Afaber continúa a desenvolver o Taller de Intelixencia Emocional en diferentes parroquias da Laracha

Tras o éxito da actividade en Caión e Coiro, este pasado venres 9 de xaneiro deu comezo na parroquia de Lemaio o Taller de Intelixencia Emocional, que terá lugar no Centro Social desa parroquia os venres de 11:30 a 13horas, e son dinamizados por Mónica Martínez, educadora social de Afaber.
As xuntanzas consisten nunha serie de 4 sesións por parroquia que tratan as temáticas de saúde mental, traballo das emocións, risoterapia e musicoterapia. Sendo a de risoterapia a que máis triunfa entre as persoas asistentes.
Esta proposta foi realizada polo Concello da Laracha incluida dentro do programa municipal dirixido a promover o envellecemento activo, coidar corpo e mente e evitar a soidade non desexada mediante a promoción da participación social.

Related posts

O BNG de Vimianzo solicita coñecer con detalle os gastos en FITUR

A Laracha organiza unha excursión cultural a Portugal para persoas maiores de 55, xubiladas ou pensionistas

Ponteceso logra a renovación integral da iluminación no peirao de Corme