Afaber continúa co proxecto “Escola de Coidadoras/es”, este xoves 14 no seu local social

1 minutes read

Afaber continua co proxecto “Escola de Coidadoras/es”, espazo adicado ás familias coidadoras de persoas afectadas pola enfermidade de Alzhéimer e/ou outras demencias enfocadas na transmisión de información coñecementos relacionados con todos aqueles aspectos vinculados aos coidados do día a día.
O vindeiro XOVES 14 de MAIO ás 17:00h terá lugar no local de Afaber (Lugar Mirón nº24 baixo, Bértoa) a quinta sesión gratuita desta segunda volta do obradoiro, que terá como temática principal AS DIFERENTES AXUDAS TÉCNICAS E
ORTOPEDIA EN PACIENTES CON ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS: ADAPTACIÓNS DO FOGAR E APOIO Á MOBILIDADE. Esta sesión estará dirixida por persoal técnico da Farmacia Ortopedia Gómez Giménez (Vázquez de Parga 157, Carballo), especialistas en ortopedia.
O profesional non só explicará os diferentes tipos de axudas e como se utilizan, senon que achegarán a Afaber unha gran cantidade de material para que as persoas asistentes poidan coñecer os artigos de primeira man, o cal resulta moi interesante para coñecer mellor o seu uso axeitado, ver como se adaptan á persoa e ás súas necesidades, etc.