A próxima cita será este martes 28 de abril de 16:00 a 17:30 horas no local de Afaber (ubicado en Lugar Mirón 24 – baixo, en Bértoa).
Estes encontros están dirixidos por Lara Rodríguez, psicóloga especializada.
A asistencia será libre e gratuita, aberta a persoas socias e non socias. Polo que, dende a entidade, faise un chamamento a que toda persoa interesada se achegue ao encontro e saque proveito dun espazo onde terá a posibilidade de intercambiar experiencias propias vinculadas ao coidado de persoas afectadas por un deterioro cognitivo e sentirse apoiada e comprendida nun grupo de iguais. O aforo é limitado.
Para máis información e inscricións poden poñerse en contacto mediante os números de teléfono 981 75 85 45 e 625 980 691.
8