Afaber continúa desenvolvendo o taller de intelixencia emocional en diferentes parroquias da Laracha

1 minutes read

Tras o éxito da actividade en varias das parroquias do Concello da Laracha, este venres 8 de maio dará comezo na parroquia de Erboedo (preto da igrexa), de 11:30 a 13 horas, horario que se manterá no resto das sesións, as cales estarán dinamizadas por Mónica Martínez, educadora social de Afaber. A última delas, está pensada para o xoves 28 de maio, data pendente de confirmar.
As xuntanzas consisten nunha serie de catro sesións por parroquia que tratan as temáticas de saúde mental, traballo das emocións, risoterapia e musicoterapia, sendo a de risoterapia a que máis triunfa entre as persoas asistentes.

Esta proposta foi realizada polo Concello da Laracha incluida dentro do programa municipal dirixido a promover o envellecemento activo, coidar corpo e mente e evitar a soidade non desexada mediante a promoción da participación social.