Indo máis alá da saúde física, e buscando tamén un coidado emocional e cognitivo, Afaber, como entidade centrada en traballar con persoas maiores e que ten como finalidade intervir e previr o deterioro cognitivo, as demencias e a enfermidade de Alzheimer, será partícipe do proxecto Vive+ dentro das liñas de adestramento da memoria e educación emocional desenvolvendo 2 e 4 sesións respectivamente dinamizadas por Mónica Martínez, educadora social da Asociación.
Sendo a primeira sesión de benestar emocional o mércores 11 de febreiro e continuando as seguintes: 18 e 25 febreiro; o 4 de marzo e o 29 de abril (de 11:30 a 12:30h). E as de adestramento da memoria o 11 e o 18 de marzo (de 10 a 11h). Todas elas serán levadas a cabo no Edificio de Servizos Múltiples do Concello de Coristanco.
10