AFAGA traballa na reinserción laboral de 100 demandantes de emprego de Pontevedra

1 minutes read

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA) reafirma o seu papel como axente transformador na comunidade, coa execución dun Programa Integrado de Emprego (PIE) destinado a mellorar a empregabilidade e inserción laboral e social dun centenar de demandantes de emprego de Vigo e outras áreas poboacionais de Pontevedra.

Financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e en execución desde outubro, o PIE está a xerar un impacto moi positivo, grazas á implicación dos participantes e o compromiso das empresas colaboradoras. Tanto é así, que un bo número das persoas apuntadas ao programa xa completaron os seus itinerarios formativos e están a realizar prácticas profesionais, para avanzar nos seus procesos de inserción laboral.