A Asociación Galega de Apicultura, AGA, organiza este sábado 7 de xuño, a 40ª edición da mostra galega de apicultura no edificio multiusos “Terra do queixo”, en Arzúa.
O desenvolvemento será o seguinte:
10:30-11:30 h. “A importancia dos ácidos orgánicos e das substancias naturais no control da varroa”, por Filipa Pucariço, de laboratorios Hifarmax.
11:30-12:30 h. “Vestir o mel: como o deseño transforma a apicultura en marca” por Julio Seijas Rosende, deseñador gráfico.
12:30-13:30 h. “Control de calidade dos produtos apícolas” por Francisco Orantes Bermejo, Director de Apinevada.
14:00-16:00 h. Xantar abelleiro
16:00-17:00 h. “Castañicultura Apícola» por Pablo Villaverde López, socio fundador da Asociación Galega das castañas e dos soutos e David Rey Míguez socio de AGA.
17:00-18:00 h. “O método Palmer, unha forma sostible de producir núcleos e raíñas” por Francisco, de Macmel.
18:00-19:00 h. “Nutrición apícola” por Miguel Ángel Villar Casal, de apícola Candieira.
Todas as charlas realizaranse na Sala 4 do Multiusos
Na aula 3 do piso superior estará de 12:00-14:00 h. Cristina , a xestora das axudas da PAC, para que os que solicitaron esta axuda resolvan as súas dúbidas e procedan o pago do seus servizos e a recoller a documentación pertinente.
Tamén estará, este ano como novidade, a Dr Alice Coimbra, e ao seu equipo, persoal do hospital S. João do Porto, que estarán connosco entre as 11:00 e as 15:00h , para facer un test rápido de alerxias (gramíneas, apitoxina, mel, Própole, xelea…) a tódolas/os apicultoras/es que lles pique a curiosidade.
Haberá espazo “Abelliñas Obreiras” para deixalas crianzas durante toda a xornada, así como unha serie de actividades para o público xeral, coma cata de mel e queixos de Arzúa, obradoiro de gominolas con mel para adult@s, e un obradoiro de manualidades para crianzas e nais/pais.