A Casa da Cultura da Laracha acolleu a actividade ‘Unha historia da diversidade na historia da Arte’, impartida por Carmen Granxeiro e dirixida ao alumnado de 1º de bacharelato do IES Agra de Leborís.
Na sesión participaron un total de 48 estudantes, 27 alumnas e 21 alumnos, que tiveron a oportunidade de achegarse á diversidade a través da historia da arte.
Tratouse dun percorrido interactivo dos visionados de obras de arte, as narracións biográficas e os xogos de descuberta que mostra a historia da arte diversa e habitualmente descoñecida para o grande público.
Esta iniciativa forma parte da campaña ‘De Fronte á Violencia de Xénero’, promovida pola Deputación da Coruña, que impulsa actividades de sensibilización e reflexión arredor da igualdade e da prevención da violencia de xénero.
