A xornada deste sábado abría cunha mesa de diálogo que reuniu mulleres de diferentes ideoloxías políticas para compartir reflexións, experiencias e retos arredor do papel das mulleres na esfera pública. Belén do Campo, Patricia Iglesias e Mercedes Queixas achegaron os seus testemuños, porque, por enriba das diferenzas, avanzar tamén é crear espazos de escoita, respecto e entendemento.
A través desta iniciativa búscase dar visibilidade ao talento, á experiencia e á capacidade de liderado das mulleres galegas, garantindo que a súa voz estea presente en congresos, debates, medios de comunicación e en todos aqueles espazos nos que se toman decisións. Na actualidade, a plataforma conta xa con máis de 2.000 mulleres profesionais de todos os ámbitos de coñecemento e co apoio de máis de 100 entidades, institucións e asociacións galegas.