Comeza un novo curso escolar e con el as carreiras matutinas para chegar a tempo a clase. Se es dos que apura ata o último momento e aparcas en dobre fila fronte á porta do centro escolar, le atentamente esto, porque ese xesto pode saírche moi caro.
A Lei de Tráfico é clara a este respecto, aparcar en dobre fila non está permitido e conleva unha sanción de ata 200 euros. Agora ben, podemos non ser sancionados se non abandonamos o vehículo e permanecemos parados menos de dous minutos se estacionamos nun lugar no que non obstaculicemos gravemente a circulación. Pero non nos enganemos, co movemento de coches que se rexistra nos arredores dos colexios en hora punta, un coche en dobre fila vai prexudicar inevitablemente o fluxo de circulación.
A DXT recomenda aparcar o coche correctamente, levar a mochila no maleteiro e acceder a pé ao centro escolar. Esto pode resultar complicado nalgunhas zonas, especialmente as situadas no centro das cidades, polo que Jaime Requeijo, director xeneral de EasyPark España recomenda, en primeiro lugar, saír de casa co tempo suficiente para aparcar nas rúas próximas ao centro escolar. “Pode parecer obvio, pero se organizamos as nosas rutinas tendo en mente esta realidade, poderiamos empezar o día con menos tensión”, explica. “Se as clases empezan ao nove pero nós temos como obxectivo chegar ás nove menos cuarto, dispoñeremos de marxe para aparcar con maior facilidade”.
Outro consello é utilizar aplicacións que nos mostran as zonas onde é máis fácil atopar estacionamento, como Find, unha función da app EasyPark. “Esta tecnoloxía permite reducir o número de coches en circulación e mellorar o tráfico nas rúas máis saturadas”, engade Requeijo.
Unha vez que aparcamos o vehículo é moi importante que os nenos baixen polo lado da beirarrúa para evitar contratempos con outros coches. “E non esquecerse de coller a mochila que debe gardarse no maleteiro que é o máis seguro fronte a freadas ou xiros bruscos”, aclara o director xeneral de EasyPark.
Por último, Jaime Requijo lembra que, “por seguridade, os nenos deben viaxar nos asentos traseiros e, sempre, con sistemas de retención homologados ou o cinto de seguridade, se superaron os 135 centímetros de estatura”.