Apple presentou os seus novos e renovados servizos nun evento realizado no Steve Job’s Theater en Cupertino, California.
En primeiro lugar Tim Cook saíu ao escenario para falar sobre Apple News, que se converteu na aplicación número 1 de noticias (Só dispoñible nos Estados Unidos), dando paso ao seguinte paso natural, Apple News+, onde agora tamén estarán dispoñibles unha ampla variedade de revistas.

Tamén anunciaron a inclusión de ‘Los Angeles Times’ e ‘ The Wall Street Journal’ á mesma, aínda que por desgraza en España aínda non poderemos gozar deste servizo que ampliará o seu radio de cobertura a Canadá a partir de hoxe mesmo a un prezo de $9.99, e a Australia e Reino Unido no outono de este mesmo ano.
A continuación falaron sobre Apple Pay e como cada día é máis aceptado como medio de pago en todo o mundo (en torno ao 80% en España), e é que Apple non se ía a quedar aí, de todo o que aprenderon sobre tarxetas de crédito decidiron lanzar a súa propia (Só para Estados Unidos) coa finalidade de axudar a entender mellor ao usuario canto, como e onde gasta o seu diñeiro. Para facer isto posible, aliáronse con Goldenan Sachs e Mastercard.


Agora pasemos ao que si poderemos gozar, é a quenda de Apple Arcade, o primeiro servizo de xogos por subscrición para dispositivos móbiles, computadores e televisores.

Apple Arcade un servizo de xogos por subscrición que ofrecerá máis de 100 títulos novos e exclusivos, incluídos lanzamentos orixinais de Hironobu Sakaguchi, Ken Wong, Will Wright e moitos outros desarrolladores de renome.Os xogos de Apple Arcade, que van cambiar as regras por completo, selecciónanse segundo criterios de calidade, orixinalidade e creatividade, ademais do seu atractivo para xogadores de todas as idades. Os clientes poderán probar calquera dos xogos do catálogo sen límites, sen anuncios, sen seguimento publicitario e sen compras adicionais, e coa tranquilidade de que os seus datos están a bo recado.
Apple non só selecciona minuciosamente os xogos de Apple Arcade, senón que tamén contribúe aos custos de desenvolvemento e traballa man a man cos creadores para facer realidade as súas ideas. As propostas de Apple Arcade, que levan o selo dos desarrolladores máis celebrados pola crítica, prometen atrapar aos usuarios con tramas fascinantes e música e gráficos orixinais. Este servizo incluirá xogos de Annapurna Interactive, Bossa Studios, Cartoon Network, Finji, Giant Squid, Klei Entertainment, Konami, LEIGO, Mistwalker Corporation, SEGA, Snowman e Ustwo games, entre outros.

En lugar de pagar por adiantado por cada xogo, a subscrición a Apple Arcade permite ao usuario probar os que queira da colección dispoñible. Cada xogo dá acceso a todas as funcionalidades, contido e actualizacións sen necesidade de comprar nada máis. Permite xogar sen conexión e moitos títulos serán compatibles con mandos para videoxogos. Como os subscritores poden gozar os xogos de Apple Arcade no iPhone, iPad, Mac e Apple TV, terán a opción de retomar as súas partidas desde o dispositivo que queiran. E de forma periódica iranse engadindo novos xogos á plataforma.

A partir de outono de 2019, Apple Arcade estará dispoñible en máis de 150 países desde unha nova pestana da App Store en iOS, macOS e tvOS. Non hai prezos aínda, pero dispoñerá da función En Familia, asique con só unha subscrición, todos os membros da familia poderán gozar deste servizo.
A seguinte quenda é para Apple TV (a App, non o dispositivo) que presentou a nova app e as canles de Apple TV, dispoñibles en maio de 2019. A nova app reúne as distintas formas de ver e descubrir películas, series, deportes, noticias e moitos máis contidos nunha única app para iPhone, iPad, Apple TV, Mac, televisores intelixentes e dispositivos de streaming. Ao subscribirse, os usuarios poderán gozar das novas canles de Apple TV (pagando unicamente os servizos que desexen, como HBO, SHOWTIME e Starz) á carta, con ou sen conexión, e cunha calidade incrible de imaxe e son. Ademais poderán ver deportes, noticias e canles de cable ou satélite, e comprar ou alugar películas e series de iTunes.

A partir de maio, os clientes poderán subscribirse ás canles de Apple TV que queiran e velos directamente na app ‘Apple TV’, sen necesidade de apps nin contas ou contrasinais adicionais. Ademais do contido de servizos tan populares como HBO, Starz, SHOWTIME, CBS All Access, Smithsonian Channel, EPIX, Tastemade ou Noggin, as canles de Apple TV incluirán novos servizos como MTV Hits e outros que se irán incorporando en todo o mundo.

A nova app Apple TV aprende dos intereses do usuario para ofrecerlle unha experiencia personalizada en todas as súas apps e servizos, recomendándolle películas e series de máis de 150 apps de streaming como Amazon Prime e Hulu, e de servizos de televisión de pago como Canal+, Charter Spectrum, DIRECTV NOW ou PlayStation Vue. Optimum e Suddenlink de Altice engadiranse a finais de ano.

Para finalizar, o momento estelar do evento, e é que non en balde bautizárono como ‘ It’ s Showtime’ (Comeza o espectáculo).

Apple anunciou hoxe Apple TV+, dispoñible este outono, que dará acceso a películas, series e documentais das mentes máis brillantes do cinema e a televisión de todo o mundo. Apple TV+, o servizo de vídeo por subscrición de Apple, ofrecerá producións orixinais de artistas da talla de Oprah Winfrey, Steven Spielberg, Jennifer Aniston, Reese Witherspoon, Octavia Spencer, J. J. Abrams, Jason Momoa, M. Night Shyamalan e Jon M. Chu, entre outros. Os subscritores poderán descubrir contidos orixinais e fascinantes, con historias emocionantes e personaxes inesquecibles. Á carta, sen anuncios e directamente desde a app Apple TV.
“Estamos moi orgullosos de contar cos maiores talentos do cinema e a televisión, tanto diante como detrás das cámaras, na nosa plataforma Apple TV+”, sinalou Eddy Cue, vicepresidente sénior de Software e Servizos da internet de Apple. “Ademais, estamos encantados de poder ofrecer aos espectadores un avance de Apple TV+ e esperamos con ilusión o lanzamento este outono. Apple TV+ reunirá varios dos mellores contidos orixinais do cinema e a television que os amantes das películas visen nunca.”

Dispoñibilidade:
- Os prezos e a dispoñibilidade do servizo de vídeo por subscrición Apple TV+ anunciaranse este outono.
- A nova app Apple TV chega ao iPhone, iPad e Apple TV en maio para clientes de máis de 100 países como actualización de software gratuíta, e ao Mac este outono.
- Coa prestación En Familia, os usuarios poden compartir unha subscrición a Apple TV+ e ás canles de Apple TV.
- A app Apple TV estará dispoñible en televisores intelixentes de Samsung esta primavera, e máis adiante nas plataformas Amazon Fire TV, LG, Roku, Sony e VIZIO.
- A finais de ano, os clientes que teñan un televisor intelixente de VIZIO, Samsung, LG ou Sony compatible con AirPlay 2 poderán ver vídeos e outros contidos directamente desde o seu iPhone ou iPad.
[su_youtube_advanced url=”https://www.youtube.com/watch?v=RrdbT4hpwBk” playlist=”A-j8QaoTeWU,Bt5k5Ix_wS8″ rel=”no” modestbranding=”yes”]