41
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo foron solicitados arredor das 21:55 horas deste martes por un incendio nun vehículo situado no interior dun garaxe comunitario na avenida de Razo, no concello de Carballo.
A súa chegada ao lugar dos feitos, os bombeiros provinciais realizaron unha inspección detallada cunha cámara térmica, comprobando que non existían focos activos. Previamente xa foran empregados extintores para apagar o lume. Os profesionais encargáronse de ventilar o garaxe para poder evacuar o fume.
Completaron a Policía Local e o servizo municipal de Protección Civil de Carballo.