Arde un vehículo en Castenda de Parada, no concello de Ordes

0 minutes read

Os bombeiros do parque provincial de Ordes recibiron unha chamada do 112 ás 6:00 horas deste xoves polo incendio dun vehículo que se atopaba no lugar de Castenda de Parada, no concello de Ordes.

Xa no lugar dos feitos, os profesionais procederon a extinguir o lume no vehículo que quedou totalmente calcinado. Non houbo persoas afectadas. 

No operativo tamén participaron axentes de tráfico.