O importe das facturas que o concello de Santa Comba ten pendente de liquidar ás empresas coas que contrata rexistrou un notable incremento no último ano pasando de 763.215 euros a 1,36 millóns de euros. Santa Comba sitúase así entre os concellos da área metropolitana de Santiago que máis demoran as súas liquidacións chegando mínimo aos preto de cen dias (96) sobre os 30 días establecidos pola ley sobre morosidade. Igual que calquera cidadán, as administracións teñen unhas obrigas na súa xestión, pero neste caso o concello xalleiro ten aínda moito traballo por facer. Todo elo está a xerar unha crecente preocupación entre provedores, autónomos e pequenas empresas que prestan o seu servizo a este concello gobernado por unha candidatura nova á fronte do PSOE nos últimos tres anos. Esta situación abre un debate relevante sobre a compatibilidade destas actividades coa dedicación exclusiva, entre outros, do alcalde.
16