Artigo de UCIN Galicia | ‘Nin unha menos. Vivas querémolas!’

1 minutes read

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, expresou este domingo a súa «máis profunda consternación» e a súa «firme condena ante o crime machista acontecido na Coruña».
«Dende Unión de Cidadáns Independentes unímonos ao berro de «Nin unha menos. Vivas querémolas!», unha consigna que queremos manter dende a formación, en reclamo das vidas roubadas de mulleres en toda España. No que vai de 2025, rexistráronse 7 mortes por violencia de xénero. O ano 2024 pechou con 47 mulleres asasinadas por violencia de xénero. O CGPJ destaca que a violencia de xénero segue sendo unha realidade intolerable, a pesar dos esforzos por combatela. É fundamental estudar novas estratexias e fórmulas para combater a violencia machista.
Necesítanse enfoques integrais que aborden a prevención, a detección temperá, a atención a vítimas e a reparación, así como a transformación das relacións desiguais de poder baseadas no xénero. Sen esquecernos da igualdade de trato tamén para as persoas con discapacidade e para a comunidade LGBTQI+ (lesbianas, gais, bisexuais, transxénero, queer, intersexuales e outras identidades non mencionadas) e, en xeral, o respecto dos dereitos humanos no mundo».