As asociacións cultural e xuvenil Arume de Verdillo celebrarán este sábado a Ruada das Cereixas

1 minutes read

Por segundo ano consecutivo a Ruada das Cereixas terá lugar no salón de actos do local social. En Verdillo, no coñecido hai anos como Xardín das cereixas no Moucho, era onde tiñan lugar as ruadas da parroquia. Alí reuníanse os vecinos á lus do carburo para disfrutar do remate da xornada de traballo. Durante esas ruadas aquelas mulleres cantareiras e decididas, nalgunhas ocasións tamén acompañadas dalgún gaiteiro, coa pandeireta na man conseguían que se fixese o baile e transmitían a súa alegría e entusiasmo aos demais veciños.

Esas mulleres de Verdillo que se acercaban ao xardín das cereixas facer a ruada tiveron un papel fundamental na conservación e mantemento do noso patrimonio cultural. Polo tanto, desde as Asociacións Cultural e Xuvenil Arume queren seguir a renderlle a súa particular homenaxe.

O sábado 9 de maio actuarán todos os grupos da AC Arume e festexarán xuntos que esas mulleres de Verdillo, que durante tantos anos deleitaron aos seus veciños co seu bo facer, contribuíron a preservar a historia da parroquia a través das súas cantigas.