As empresas españolas son cada vez máis vulnerables ao cifrado de datos

1 minutes read

Sophos, líder mundial en entrega de ciberseguridade como servizo, fai público que, en 2022, o 81% das empresas españolas atacadas por ransomware sufriu o cifrado dos seus datos, segundo revela o informe sobre “O Estado do Ransomware en España 2023”. Esta cifra é bastante superior á do ano anterior (73% en 2021) e supera tamén a media mundial situada no 76%.

Este aumento mantense en liña coa tendencia mundial, xa que nos últimos catro anos non deixou de crecer o número de ataques nos que os delincuentes lograron cifrar os datos para extorsionar despois ás súas vítimas. Aínda por riba, cada vez está máis presente unha “dobre actuación” dos atacantes, que non só cifran os datos, senón que tamén os rouban para despois vendelos ao mellor ofertante na Dark Web, algo que ocorreu no 27% dos ataques a empresas españolas durante o último ano.

Na parte positiva, case o total das vítimas españolas (98%) lograron recuperar polo menos unha parte dos datos cifrados. De feito, España continúa mellorando os seus datos en canto ao uso de copias de seguridade para recuperarse dun ataque, xa que a porcentaxe de empresas que utiliza este método creceu do 70 ao 81% no último ano.