- O acto de entrega celebrouse este venres nas Illas Cíes, e foi o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen entregou os recoñecementos
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou este venres no acto de entrega das bandeiras azuis 2021 que «reforzan a imaxe de Galicia como destino seguro, de calidade e sustentable». O evento tivo lugar na praia de Rodas, nas Illas Cíes, e nel repartíronse un total de 155 recoñecementos que poñen en valor máis de 2.000 quilómetros de costa e patrimonio natural.
Os areais galegos recibiron en total 111 bandeiras azuis -catro máis que o ano pasado-; os portos deportivos 11; e para premiar as iniciativas a prol da educación ambiental e o mantemento de sendas naturais de especial relevancia, resultaron galardoados tamén 13 centros azuis e 20 sendeiros, situándonos «no primeiro posto nacional en canto a estes itinerarios que contribúen ao uso sostible do litoral», afirmó el presidente.
Na Costa da Morte destaca o concello da Laracha cuxo rexedor, José Manuel López Varela, recolleu tres recoñecementos: un para a praia de Caión, outro para o Sendeiro de Saldoiro e un terceiro que pon en valor o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar. A bandeira azul tamén ondeará este verán, igual que o ano pasado, en Arou (Camariñas); Pedra do Sal, Razo e Saíñas (Carballo), O Ézaro (Dumbría), Laxe (Laxe) e nas praias de A Ermida, Balarés e O Osmo (Ponteceso).
