‘As setas da Laracha’ celebra a súa 8ª edición o próximo domingo, 7 de novembro

1 minutes read
  • O programa inclúe unha saída guiada para a recollida de cogomelos, obradoiro de identificación e clasificación das setas e charla micolóxica

A oitava edición da xornada de iniciación á micoloxía As setas da Laracha, organizada polo Concello, celebrarase o próximo domingo 7 de novembro. O evento contará, como en anteriores edición, cos expertos Raquel Poncini e Pablo Cuadrado.

Ás 10:30 horas os participantes reuniranse na área recreativa de Gabenlle para posteriormente realizar unha saída guiada ao monte e iniciar a recolleita dos cogomelos. Sobre ás 13:00 horas regresarase ao punto de partida para identificar os fungos e finalizar a xornada cunha charla micolóxica.

O prazo de inscrición ábrese este venres e será necesario cubrir un formulario que se atopa na páxina web do Concello ou acudindo ao mesmo de xeito presencial. Participar é gratuíto.