Atopan morto a un veciño de Carballo cuxa familia denunciara a súa desaparición

1 minutes read

A Garda Civil informaba na tarde deste martes do achado sen vida do corpo de José Luis Rey Rey, o veciño de Carballo de 75 anos desaparecido este luns do seu domicilio habitual na zona de Pedra Furada, polo cal a súa familia tiña presentada unha denuncia no cuartel da Garda Civil de Carballo. Tamén faltaba o seu coche, un Peugeot 307 negro. A Localización do turismo, na zona do colexio Bergantiños, servía como pista para atopalo home nun trasteiro doutra vivenda que tiñan nesta mesma localidade. Todo apunta que foi un accidente doméstico cunha escaleira dentro do trasteiro o que lle provocou unha caída e un golpe na cabeza que derivou no fatal desenlace.