Atopan o corpo dun rapaz de 14 anos que caeu á auga na lagoa de Pedras Miúdas de Catoira

0 minutes read

Segundo os servizos de emerxencias trataríase dun mozo procedente de Caldas de Reis que caeu á auga e non saíu. 

Un amigo chamou ao 112 cando o mozo levaba máis de dous minutos somerxido sen dar sinais.

Ao lugar dos feitos tamén acudiron entre outros medios, mergulladores dos Bombeiros do Salnés e o GES de Padrón.