Avanza a humanización do Campo da Feira de Cerceda e a súa contorna

1 minutes read

Faino coa realización do estudo xeotécnico, un dos trámites previos á súa contratación. Os traballos desenvolveranse con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña e suporán un investimento de 620.000 euros.

Cubrirase a área de xogos infantil, eliminaranse as barreiras arquitectónicas, construiranse dous accesos ao mesmo nivel da praza, estenderase a praza ata as inmediacións do parque infantil, colocaranse bancos periféricos, instauraranse pivotes para canalizar o tránsito dos vehículos en días ordinarios, baixándoos cando haxa cortes de circulación porque os eventos así o requiran e instalaranse baños públicos na caseta preexistente.

Esta remodelación busca ampliar, principalmente e de xeito notable, o aproveitamento deste espazo, así como a súa funcionalidade, en especial nos días de acontecementos, celebracións ou eventos musicais, permitindo así a súa desestacionalización.