Axober e Banco Santander asinan un acordo para fortalecer o tecido empresarial da comarca de Bergantiños

1 minutes read

A Asociación de Empresarios de Bergantiños – Axober – e o Banco Santander asinaron un acordo de colaboración que ten como obxectivo favorecer o tecido empresarial da comarca de Bergantiños. No acto da sinatura do convenio participaron Llaré Blanco, Directora da oficina do Banco Santander de Carballo; Marco Lorenzo Carbia, Responsable da área de Negocios e Empresas (Santiago e Pontevedra) do Banco Santander; e Diego Iglesias, Presidente de Axober.


Mediante este convenio, ambas entidades establecen un marco de traballo conxunto para facilitar aos asociados o acceso a unha oferta financieira especial que inclúe condicións preferentes. O contrato ten como obxectivo apoiar a actividade profesional dos membros da asociación, atendendo as súas necesidades de información, formación e asesoramento fiancieiro. Así mesmo, as dúas entidades comprométense a través deste acordo a colaborar no desenvolvemento de actividades formativas e técnicas dirixidas aos empresarios.


Xornada sobre a PAC 2026
A primeira xornada incluída neste marco de cooperación entre Axober e o Banco Santander terá lugar o vindeiro 12 de maio, ás 12:30 horas, no auditorio do Forum Carballo. Baixo o título “PAC 2026: claves, cambios e oportunidades para o sector agrario”. Distintos expertos analizarán o impacto da nova Política Agraria Común (PAC) no sector.
Na xornada intervirán:

  • Lorena Ruiz, directora de Negocio Agroalimentario de Santander España.
  • César Lumbreras, director de AGROEUROPA e AGROPOPULAR.
  • Llaré Blanco, directora da oficina de Carballo do Banco Santander.
  • Juan José Cerviño, director xeral da PAC e control da Cadea Alimentaria.

As persoas interesadas en asistir poden formalizar a súa inscrición a través da seguinte ligazón:
https://axober.org/axenda/pac-2026-claves-cambios-e-oportunidades-para-o-sector-agrario/