Axober organiza unha xornada sobre aciberseguridade dirixida a pemes e persoas autónomas

1 minutes read

A Asociación de Empresarios de Bergantiños, Axober, en colaboración co Concello da Laracha, organiza unha xornada formativa, en modalidade presencial, que leva por título “Ciberseguridade para pemes e autónomos: o poder das persoas”. O encontro terá lugar o vindeiro mércores, 6 de maio, de 15:00 a 17:00 horas no Edificio Administrativo do Concello da Laracha (Avda. Fisterra nº 60).
Esta é unha actividade dirixida a pequenas e medianas empresas, persoas autónomas e, en xeral, a todas aquelas persoas que queiran aprender a protexerse no entorno dixital.
Esta xornada nace co obxectivo de concienciar sobre a importancia da seguridade informática e ofrecer ferramentas prácticas para previr riscos no uso diario das tecnoloxías, poñendo unha especial atención nas persoas como primeira liña de defensa ante as actuais ameazas dixitais.
Inscricións
As inscricións, que son de balde, xa se poden realizar a través da páxina de Axober na seguinte ligazón: https://axober.org/axenda/xornada-ciberseguridade-laracha/
A xornada está organizada por Axober coa colaboración do Concello da Laracha e conta tamén co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Este evento pon de manifesto o compromiso de Axober por ampliar e consolidar a súa presenza en toda a comarca, reforzando así o seu papel de axente dinamizador.