BNI Salitre celebra o seu lanzamento e o seu case primeiro ano de vida

0 minutes read

A cita será este venres 15 de setembro ás 20.30 horas no Pazo de Trasariz, en Vimianzo. Ao evento acudirán unhas 200 persoas, entre elas numerosos alcaldes e alcaldesas da súa zona de influencia, principalmente a Costa da Morte. Tratarase dunha xornada lúdica onde os negocios e as relacións empresariais serán a clave.