Vimianzo presenta este mércores un programa de apoio á nutrición

1 minutes read

O Concello de Vimianzo presenta este mércores 14 de febreiro ás 9:00 horas na sala de conferencias da Casa da Cultura, un programa de apoio á nutrición organizado conxuntamente co Centro de Saúde. 

Esta iniciativa estará impartida pola nutricionista Rocío Sánchez, da Unidade de Apoio Nutricional do Centro de Saúde de Vimianzo e percorrerá as 14 parroquias do municipio.

Estarán presentes a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Benestar Social, Sanidade, Igualdade e Atención Cidadá, María José Pose; o técnico municipal Víctor Santos; a xefa de servizo de Atención Primaria de Vimianzo, Teresa Castro; e a nutricionista da Unidade e Apoio Nutricional do Centro de Saúde de Vimianzo, Rocío Sánchez.