O Calvo Xiria xoga en Pontevedra contra o Lirón S.D. Teucro

2 minutes read

Na tarde do sábado o Calvo Xiria xoga en Pontevedra contra o Lirón S.D. Teucro, un dos clásicos do balonmán galego, con 78 anos de historia, xogou en División de Honra, nos anos 70, 80 e 90 acadando o 4º posto, participou varios anos na liga Asobal, disputou a Copa EHF, foi finalista e semifinalista da Copa de S. M. el Rey, e campión en División de Honra Prata no ano 2017. Grandes xogadores vestiron a camiseta do Teucro, Da Silva, Nesterov (rusia), Cutura (Serbia), Victor Vigo, Gedeón Guardiola,… tamén xogadores do Xiria chegaron a xogar neste equipo cun papel destacado, Carlos García, David García Pichel, Alberto Salgado ou Iago Gómez.

Nesta campaña o Teucro conta no primeiro equipo con 13 xogadores con ficha, adicionalmente ten 14 xogadores invitados (8 xuvenís e 6 do filial). Os xogadores do 1º equipo teñen unha media de 28 anos, o equipo máis veterano da categoría, con 9 xogadores de máis de 23 anos.

Con respecto ao ano pasado presenta 6 caras novas, Andres Pérez, Ciao Da Silva (xogador brasileño, procedente da II Divisao de Portugal), Carmelo Alvarez (extremo procendente do Landbilt Lanzarote, onde asinou 80 goles), Daniel Vicente Pintus, extremo procedente de Reconquista e gran experiencia na categoría (Bueu, Cañiza, Novás…), Eloy Krook (laretal zurdo con experiencia en Asobal e Prata, con Cangas, Novás , Villa de Aranda, Eivissa …). E tamén o retorno a Pontevedra do porteiro canario Francisco Javier Santana, de 43 anos, 190 cm de estatura e amplia experiencia ao máximo nivel (9 tempadas en Asobal, no propio Teucro, Cangas, Villa de Aranda, Anaitasuna, Academia Octavio e Galdar, tamén xogou en Prata e 1ª nacional, incluso unha tempada na liga grega) que xa saíu algunha vez ovacionado do Vila de Noia polo seu bo facer co CB San José Obrero de Lanzarote.

O partido presenta ao equipo azulón pelexando polos posto altos que dan dereito a participar na fase de ascenso, con 20 puntos, 4º clasificado, pero con so 2 vitorias nos últimos 5 partidos. O Calvo Xiria comparece como 10º clasificado con 13 puntos. Igual que Xiria, ten 2 xogadores entre os 10 máximos goleadores da categoría, Daniel Vicente Pintus (94) e Xurxo Rivas (91), acompañados por Caue Herrera (60). Acadan unha media de 32 goles por partido, encaixando so 26, a segunda mellor defensa da liga despois do Reconquista.
Os datos amosan un duro rival para o Calvo Xiria e a dificultade de sacar algo positivo do Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra, aínda que os rapaces carballeses xa teñen amosado que son capaces de competir en situacións de dificultade.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?