Vimianzo celebra este sábado o III Dúatlon Val de Soneira

1 minutes read

Vimianzo celebra este sábado o III Dúatlon Val de Soneira, no que se darán cita un total de 352 deportistas chegados de todos os puntos da xeografía galega, e algúns nacionais, competindo en cinco categorías distintas.

Supersprint saída inclusiva, supersprint cadete, xuvenil e júnior, supersprint popular, sprint feminina e sprint masculina. Esta será a primeira proba da temporada do Circuíto Galego de Dúatlon de estrada.

Entre os deportistas que participan, atópanse Antonio Benito, campión de Europa en tríatlon de media distancia no 2023 e subcampión do Mundo en tríatlon de larga distancia no 2022; Nacho Gálvez, campión de Europa júnior de dúatlon no 2020; Isabel Navarro, campioa do Mundo de dúatlon cros no 2023 e outros deportistas de talla como Andrés Cendán, Denis Incutti ou Gustavo Santiago.