O pasado sábado día 18 de xullo disputáronse en Ferrol o XXIV Tríatlon Cidade de Ferrol, proba puntuable para a Liga Galega, o Galego de Tríatlon de Menores – Promoción Cadete e o Clasificatorio Nacional para o Festival Europeo Youth; probas nas que os da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros estiveron representados por un total de 20 dos seus triatletas. No Galego de Tríatlon de Menores os mellores resultados foron desta volta a 1ª praza benxamín de Rosalía Cid, a 7ª alevín de Noah De Castro, e a 7ª benxamín de Julen Castro. Por equipos os e as menores remataron 5º clasificados conxuntos. Na proba de Promoción Cadete, Alejandro Casal gañou a proba masculina e Carmen Díaz foi 3ª na feminina. No clasificatorio para o Festival Europeo de Tríatlon Youth, o xuvenil Lucas Prada rematou 20º e o cadete Diego Souto 34º. En canto a proba absoluta puntuable para a Liga Galega de Tríatlon os nosos foron terceiros por equipos con Adrián Sancho na 3ª praza, Pedro López na 12ª e Álvaro Elizalde na 27ª.
0