Boa actuación da A.D. Fogar en Cádiz no Campionato de España Alevín de Verán

1 minutes read

Os días 9, 10, 11 e 12 de xullo, Iván Casal de 12 anos e Sara Ríos e Xacobo Fraga de 13, representaron á A.D. Fogar de Carballo e Oleiros no XIII Campionato de España de Natación Alevín de Verán celebrado no Complexo Deportivo Cidade de Cádiz.

O torneo nacional contou coa presenza de 208 clubs e o concurso de 584 nadadores-as, 296 da categoría feminina e 288 da masculina.

No que respecta aos nadadores e nadadoras da A.D. Fogar compre subliñar que callaron unha moi boa actuación que detallamos a continuación. Sara Ríos de 13 anos foi 4ª nos 100 e 200 braza e 8ª nos 50 braza, probas nas que ademáis de nadar as 3 finais bateu tamén os mellores rexistros do club da súa idade.

Iván Casal de 12 anos mellorou tamén os rexistros do club da súa idade nos 400 libres e os 50 costas, clasificando respectivamente nos postos 14º e 15º.

Pola súa banda Xacobo Fraga de 13 anos bateu a mellor marca do club na proba dos 200 libres acadando a 13ª praza nacional.