17
Máis dun centenar de bombeiros comarcais de toda Galicia manifestáronse este xoves en Carballo, onde se atopa a sede do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, para pedir que se cubran as 102 prazas que se acordaron incorporar no acordo ao que se chegou tras unha folga realizada en 2024. O obxectivo e mellorar as condicións laborais e a estabilización dos traballadores que se encontran cun contrato interino. Con esta nova protesta queren dirixirse especialmente á xerencia, reprochándolle que «non hai xestión».